HORARIO DE VERÁN: de 1 de abril a 31 de outubro, de 7:00 a 22:30 horas.
Lembra renovar a túa inscrición en NaronRoda.
Benvido a NaronRoda
Naronroda é un servizo que che permite desfrutar do teu contorno utilizando as bicicletas que o concello pon á túa dispor en distintos puntos da cidade e que che permiten desprazarte cómoda e saudablemente.
Para comezar a desfrutar de tódalas bicis do servizo tes que darte de alta.
Na páxina de inscrición dispós de máis información sobre as normas que rixen a utilización desta plataforma.
Recorda que se trata dun servizo público do que deben desfrutar tódolos usuarios, polo que che agradecemos que trates con coidado as bicis, respetes as normas e circules con precaución, sempre atendendo ó tráfico. Moitas grazas!